Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Subjects
  Proxectos 5
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Nas primeiras clases do curso formúlase ao alumno unha proba gráfica que permita coñecer o nivel previo co que parte o alumno. A devandita proba realízase na aula.
Document analysis Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais.
Collaborative learning A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise da parcela, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo.
Directed discussion Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Diagramming Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto.
Workshop Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre baixo o apoio e supervisión do profesorado.
Guest lecture / keynote speech Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos.
Supervised projects Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación. Un claro exemplo do traballo tutelado é o que se desenvolve ao abeiro do PROGRAMA INTERNACIONAL: IACOBUS
Objective test
Student portfolio Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculuim persoal do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes