Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 5
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da plataforma docente Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva A34 A44 A45 A48 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. 20
 
Observacións avaliación
Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:

1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia.
2º Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:

1º Non cumpra a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva

NOTA: ESIXIRASE UNHA CUALIFICACIÓN MÍNIMA EN CADA UNHA DAS PROBAS QUE COMPUTAN NA AVALIACIÓN PARA SUPERAR A ASIGNATURA.

- De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, convocarase unha Xunta de Avaliación do Taller, que analizará os resultados globais do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre casos puntuais de avaliación do alumnado.

- De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, os alumnos que non superen nas dúas oportunidades de cada convocatoria a materia de Proxectos deberán asistir ao Taller do ano seguinte.

- As probas das diferentes oportunidades permitirán aos alumnos completar e modificar total ou parcialmente os traballos presentados no Taller, para poder así superar a asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes