Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Estruturas 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica B3 B9 Denomínanse Boletíns ou probas de resolución de problemas que realizará o alumno ao longo do curso. Admítense as notas de clase e a folla de formulario. As dúbidas concretas pódense consultar co profesor. 20
Proba obxectiva B1 B3 C6 Proba final da primeira oportunidade. (Na segunda oportunidade calcula o 100% da nota). Admítense as notas de clase e a folla de formulario.
Consistirá na resolución de problemas prácticos, así como de cuestións teóricas a partir do material impartido nas clases teóricas e exercicios realizados.
tamén se valorará
- Estruturación de contidos
- Aproximación, claridade e precisión
- Dominio do funcionamento da materia
80
 
Observacións avaliación

A avaliación será o máis continua posible. Para a avaliación e cualificación da materia valoraranse os seguintes aspectos, que terán un peso diferente na cualificación final da materia, tal e como se desglosa na táboa anterior que figura no apartado de avaliación:

* Enténdese como obrigatoria a asistencia a clase, verificada mediante lista ou outro sistema.

* Desenvolveranse prácticas interactivas, onde o alumno poderá consultar as dúbidas que xurdan.

* Na primeira oportunidade final do curso realizarase unha proba obxectiva. A proba obxectiva será individual e non se poderá consultar bibliografía. Durante o seu desenvolvemento só se permitirá a consulta dun formulario resumo.

* Cando a cualificación consta de varios apartados, esixirase unhanota mínima do 35% (3,5 sobre 10) en cada un dos apartados a avaliar. Unha vez superado este mínimo, realizarase a media dos tramos segundo os pesos indicados na guía. No caso de que nalgún apartado non se acade o mínimo para facer media, a nota outorgada será a media ponderada, pero sen superar nunca o 4,5.

* Na primeira oportunidade farase a media dos dous apartados avaliables segundo os pesos indicados na táboa anterior.

* Na denominada segunda oportunidade ao final do curso, avaliarase unicamente mediante a proba obxectiva. O único requisito para poder presentarse a esta proba final será figurar nas actas desta materia. Neste caso, a puntuación da materia será o 100% da proba obxectiva.

* Para a realización de prácticas e exames, os materiais permitidos só serán:
- DNI ou outra identificación
- Material de escritura e debuxo e calculadora
- Unha ficha resumo de fórmulas
- Os teléfonos móbiles están expresamente prohibidos

* No caso de estudantes que teñan dispensa de asistencia e que, polo tanto, poidan presentarse na primeira e segunda oportunidade sen requirir avaliación continua, a avaliación será similar á segunda oportunidade xeral en ambas ocasións, é dicir:100% a proba obxectiva.

* A docencia ao alumnado dosprogramas de mobilidade adaptarase ás condicións pedagóxicas e ás probas e exames de avaliación. Se as datas de mobilidade non permiten un seguimento razoable do curso, poderán optar en todo caso aos exames de primeira e segunda oportunidade nas mesmas condicións que o alumnado con dispensa de asistencia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes