Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Teoría da Arquitectura
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría da Arquitectura Código 630G02025
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
García Requejo, Zaida
Paz Agras, Mari Luz
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
zaida.garcia@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
Descrición xeral Os presupostos e obxectivos básicos da docencia desta asignatura cuatrimestral son: A necesidade de abordar a comprensión do fenómeno arquitectónico dende o mundo das ideas, entendendo a reflexión como parte substancial da creación artística. A toma de conciencia do estreito vínculo dos sistemas de pensamento e os resultados creativos coas circunstancias do seu propio tempo. A nosa comprensión dos mesmos está, necesariamente, tamizada pola nosa propia perspectiva temporal. O fío conductor utilizado no curso é o valor da doble natureza artística e técnica da arquitectura, contemplando todas as súas implicacións: perceptivas, formales, sociales, morales, estéticas,… Os textos de arquitectos e pensadores e as circunstancias históricas do seu tempo leranse en paralelo, nunha continua relación de causa-efecto, xunto coas obras arquitectónicas e outras manifestacións artísticas, consideradas dende unha triple perspectiva: técnica, artística e social. Os primeiros temas do programa incidirán na teoría arquitectónica anterior á experiencia moderna, como necesaria preparación á comprensión deste fenómeno, que centrará a maior parte dos contidos do cuatrimestre. A asignatura, TEORÍA DA ARQUITECTURA, estructúrase en 15 temas, agrupados en 6 bloques. En cada tema, exporanse contidos explicativos e unha serie de exemplos de análise, nos que o feito arquitectónico será estudiado a través dos seus soportes teóricos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como a realización de proba mixta,como o seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, no seu caso. * Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As titorías serán convocadas en sesións, previamente anunciadas de Teams. As corrección e aclaracións en grupo teñen un valor pedagóxico maior que a atención individualizada, inda así, estas realizaranse mediante correo electrónico e conferencia por Teams. 4. Modificacións na avaliación A avaliación non será modificada. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Os recursos bibliográficos da asignatura están xa disponibles no Moodle. Aportacións específicas de materiais de consulta se facilitarán en soporte dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes