Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 6
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos 6 Código 630G02026
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
jorge.meijide@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Martinez Raído, Jose Luis
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
s.barge@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
jorge.meijide@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral As intencións básicas que sustenta o desenvolvemento da materia son as de profundar no proxecto de arquitectura a nivel medio-alto, utilizando as experiencias e coñecementos adquiridos tamén noutras disciplinas. Así mesmo trátase de promover o entendemento de que o proxecto forma parte dun proceso complexo que o alumno ha de analizar e desenvolver, sintetizando etapas anteriores de aprendizaxe unida a un proceso persoal de investigación continuo. O curso estuda os problemas que expón a intervención na cidade, tanto nas súas áreas consolidadas como periféricas, con proxectos coherentes e libres, penetrando na auténtica lección que nos proporciona o coñecemento do pasado e as necesidades do presente-futuro, para revitalizar a estrutura urbana, entendendo o espazo construído urbano como o lugar onde se desenvolven as relacións sociais, de convivencia e o habitar humano. O curso ten unha entidade unitaria que se centra no estudo do lugar, co obxectivo básico de elaborar e desenvolver o tema da vivenda colectiva, razón de ser da construción da cidade. Para iso contémplase a análise e a resolución de espazos urbanos significativos, a vivenda colectiva en se, en todas as súas variantes e o edificio público ou equipamento como complemento de ambos en concreto e da cidade en xeral.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. – Sesión maxistral – Discusión dirixida (computa na avaliación) – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican. – Proba  mixta  (non  se  realizará,  xa  que  a  avaliacións  deste  coñecementos  se  incorpora  a metodoloxís dos "Traballos tutelados". 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle:  Diariamente.  Segundo  a  necesidade  do  alumando.  Dispoñen   de  “foros  temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado  con  recoñecemento  de  dedicación  a  tempo  parcial  e  dispensa  académica  de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes