Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 6
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Proxectos 6 Código 630G02026
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Barge Ferreiros, Santiago
Correo electrónico
s.barge@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Martinez Raído, Jose Luis
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
s.barge@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
jorge.meijide@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral As intencións básicas que sustenta o desenvolvemento da materia son as de profundar no proxecto de arquitectura a nivel medio-alto, utilizando as experiencias e coñecementos adquiridos tamén noutras disciplinas. Así mesmo trátase de promover o entendemento de que o proxecto forma parte dun proceso complexo que o alumno ha de analizar e desenvolver, sintetizando etapas anteriores de aprendizaxe unida a un proceso persoal de investigación continuo. O curso estuda os problemas que expón a intervención na cidade, tanto nas súas áreas consolidadas como periféricas, con proxectos coherentes e libres, penetrando na auténtica lección que nos proporciona o coñecemento do pasado e as necesidades do presente-futuro, para revitalizar a estrutura urbana, entendendo o espazo construído urbano como o lugar onde se desenvolven as relacións sociais, de convivencia e o habitar humano. O curso ten unha entidade unitaria que se centra no estudo do lugar, co obxectivo básico de elaborar e desenvolver o tema da vivenda colectiva, razón de ser da construción da cidade. Para iso contémplase a análise e a resolución de espazos urbanos significativos, a vivenda colectiva en se, en todas as súas variantes e o edificio público ou equipamento como complemento de ambos en concreto e da cidade en xeral.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes