Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Subjects
  Architectural Design 6
   Methodologies
Methodologies Description
Workshop Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado.
Objective test Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. Pódese pedir tamén un exercicio práctico.
Field trip Actividades deserroladas nun contexto externo ao entorno académico relacionadas co ámbito do estudio. Estas actividades céntranse no desenvolvemento das capacidades relacionadas ca observación directa e recollida de información, toma de datos, etc.
Introductory activities Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. Proporase tamén un exercicio de aproximación ó traballo do cuatrimestre.
Directed discussion Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Diagramming Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. Iníciase a síntese
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que constituen una fonte de profundización nos contidos traballados.
Guest lecture / keynote speech Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos. Nestas sesións apórtase parte do contido teórico da asignatura, que formarán parte da proba obxectiva.
Student portfolio Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes