Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Subjects
  Structures 3
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A12 A17 A18 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C6 C7 C8 Valoraranse os resultados obtidos no taller teniendo en cuenta o seu seguimento por parte do alumno, a complexidade da solución estrutural, a súa adecuación á proposta arquitectónica, así como o seu desenvolvemento tanto a nivel de cálculo como gráfico. 30
Mixed objective/subjective test A12 A17 A18 B2 B9 B11 C1 C6 Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teórico-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. 70
 
Assessment comments
A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, a asistencia e participación do alumno enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa pode repercutir desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estruturación da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada, así como a resolución, detalle e calidade gráfica da representación da estrutura, en xeral, e dos diferentes elementos que a compoñen, en particular.

O sistema de avaliación continua (1ª oportunidade) configúrase con:
· Unha proba mixta (exame teórico-práctico) que corresponde aos contidos da primeira parte da materia (A. Deseño de estruturas de aceiro). Esta proba realizarase durante o desenvolvemento do curso na data que oportunamente se estableza.
· Unha proba mixta (exame teórico-práctico) que corresponde aos contidos da segunda parte da materia ( B. Dimensionado de estruturas de aceiro). Esta proba realizarase na data establecida pola ETSAC para o exame de primeira oportunidade.
· A práctica de taller.

Para poder superar a materia por curso (1ª oportunidade) hai que satisfacer as seguintes esixencias:
. Unha asistencia mínima do 80% tanto ás clases expositivas como interactivas e de taller.
. Obter unha cualificación mínima en de 3 sobre 10 en cada unha das dúas probas mixtas.
. Obter unha cualificación mínima no taller de 3 sobre 10 e realizar as entregas parciais establecidas para o efecto.
. Obter unha cualificación final por curso de 5 sobre 10. Na cualificación final a primeira proba mixta representa o 30%, a segunda proba mixta o 40% e a nota de taller o 30%.

No caso de que se incumpra algún delos anteriores requisitos a cualificación do alumno en primeira oportunidade será de Non presentado.

Os alumnos que non superasen a materia por curso (1ª oportunidade) poderán presentarse para a súa avaliación na segunda oportunidade (xullo).

A proba correspondente á 2ª oportunidade constará dunha primeira parte teórica que computará o 30% na cualificación final, unha segunda parte de resolución de exercicios prácticos, que computará un 40%, e unha terceira parte práctica de resolución dunha estrutura, que computará o 30% restante. Na data que para o efecto se estableza, os alumnos que seguisen o curso poderán prescindir da terceira parte do exame (resolución dunha estrutura) sempre que alcanzasen a cualificación mínima de 3 sobre 10 no taller, adoptando en tal caso a cualificación obtida.

Para a superación da materia na segunda oportunidade aplicaranse idénticas esixencias de cualificación mínima de cada unha das partes da proba indicadas para a 1ª oportunidade.

Aos alumnos que teñan superada a materia de Proxectos 5 para poder aprobar Estruturas 3 por curso (1ª oportunidade) aplicaránselles as mesmas condicións descritas anteriormente.

Aos alumnos que acrediten matrícula parcial aplicaráselles idénticas condicións ás descritas para o resto dos alumnos coa única excepción de que non se lles esixirá asistencia mínima á docencia expositiva.

Atendendo ao artigo 14 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO da UDC, se se detectase a comisión de fraude nas probas de avaliación o alumno suspenderá a convocatoria da materia (ambas as oportunidades) coa cualificación de 0.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes