Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Urbanística 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro traballo de análisis, planificación territorial e deseño urbano. Desenrólase vinculado ao Taller 5, onde se definen os contidos da práctica, obxectivos, documentación e entregas.
Saídas de campo considérase fundamental o coñocemento do territorio obxeto do análise, polo que a visita ao lugar elixido para o traballo é fundamental.
Discusión dirixida os resultados do obradoiro serán obxecto de discusións dirixidas ao longo do curso.
Actividades iniciais presentación das actividades a realizar no curso e inicio da busca a partir da descripción de fontes documentais básicas
Proba obxectiva proba utilizada para evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc, aplicable tanto para a evaluación diagnóstica, formativa ou aditiva e pode conter tanto preguntas escritas de resposta múltiple, escritas de resposta curta, longa e de xeito gráfico.
Traballos tutelados traballos de busca de información, análise ou resumo en paralelo co traballo do obradoiro.
Proba de resposta múltiple proba obxectiva que consiste en preguntas directas con varias opcións de resposta das que unha de ellas é válida.
Análise de fontes documentais técnica metodolóxica na que se utilizan documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que forman parte non só da aproximación á solución dos traballos a resolver senón contido relevante dos mesmos.
Esquemas consiste na elaboración de síntesis dos principias contidos dos traballos, sendo un recurso óptimo que falicita a comprensión da realidade e a explicación das propostas.
Portafolios do alumno documentos de resumo gráfico e escrito que explican partes concretas dalgún traballo específico realizado como as maquetas que se realizan no curso ou a posta en orde da información urbanística.
Prácticas a través de TIC control do traballo individual das prácticas do obradoiro mediante TIC.
Lecturas ao longo do curso indícanse unha serie de lecturas de apoio que son de grande utilidade para facilitar o entendemento e asimilación dos coñecementos teóricos así como para establecer pautas e abrir posibilidades que orienten o traballo no obradoiro.
Sesión maxistral os distintos temas relevantes para o desenvolvemento do obradoiro serán obxecto de sesións maxistrais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes