Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Urbanística 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A35 A37 A39 A41 A42 A45 A46 A51 A52 A53 A55 A56 A58 A59 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo final valorarase nas súas vertentes analítica, planificadora e de deseño. Parte do traballo práctico estará relacionado coa práctica do Taller 5, de tal maneira que, tanto o texto como as entregas formarán parte dos contidos do mesmo. As entregas serán únicas e para a avaliación do alumno será imprescindible ter participado e entregado de forma completa tanto o traballo realizado para as clases prácticas da asignatura coma para o taller. 50
Proba obxectiva A34 A35 A37 A39 A41 A45 A46 A51 A52 A53 A55 A58 A59 B2 B5 B6 B8 B11 C1 C3 C7 C8 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva que pode conter tanto preguntas escritas de resposta múltiple, escritas de resposta curta, longa e de xeito gráfico. 50
 
Observacións avaliación
Trátase dunha Avaliación Continua, controlada mediante a asistencia a clase completada coa realización de probas teórico-prácticas que permiten comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto de Taller 6, a onde se vincula a parte práctica principal da asignatura. Tanto a non realización das probas propostas como o incumprimento de asistencia ou de entregas suporá un Non Presentado como calificación da convocatoria. En cualquera caso, a calificación final da asignatura será valorada coa media que resulta das calificacións tanto das probas escritas e examen como as probas teórico prácticas. O coñecemento do alumno deberá estar sempre en cualquera de elas por riba do 50%.
A avaliación do estudante nas convocatorias extraordinarias levarase a cabo mediante a realización dun único exame, se ben aqueles alumnos que non teñan superado a parte correspondente ás probas teórico-prácticas, deberán tamén acreditar a corrección e realización das mesmas. A avaliación do estudante en sucesivas matrículas realizarase polo mesmo procedimento arriba descrito.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes