Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Urbanística 4
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Urbanística 4 Código 630G02032
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Gallego Picard, Pablo
García Fontán, Cristina
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
pablo.gallego@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia é un achegamento á comprensión do espazo construído polo home e da forma coma expresión da súa organización reflexionando sobre as causas que as xeran. Presupón a importancia do análise, desenvolvendo aproximacións a unha metodoloxía do seu estudo, inculcando a esixencia do rigor e da busca de creatividade o longo deste proceso. A expresión gráfica, o dibuxo, coma forma de coñecemento,de expresión e coma intento de romper ca dicotomía entre clases teóricas e prácticas. No estudo da forma do territorio, incídese na comprensión da súa dinámica a través do análise das súas transformacións entendendo a construción do espazo coma un proceso. O enfoque é a partir do espazo do home de hoxe. Dunha aproximación á comprensión da paisaxe actual. Dende o presente da cidade de hoxe, dos procesos de construción do territorio actual e das súas respostas ca arquitectura, dende onde procedemos á reflexión sobre os cambios que se producen, valorando o seu pasado inmediato. Desenvólvense clases sobre o coñecemento do soporte territorial e as discusións que sobre a cidade se produciron a partir do Movemento Moderno e que foron claves na comprensión teórica da cidade, do espazo construído polo home, buscando o que de común ten o discurso da paisaxe actual co da arquitectura de hoxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaron cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen _Sesión maxistral _Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican _Obradoiro: Os exercicios a desenvolver nesta metodoloxía incorpóranse na metodoloxía "Traballos tutelados" 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado _Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados. _Moodle: Diariamente e segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos. _Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (40%). En relación cos traballos tutelados valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que haxa presencial ate o momento no que se suspenda a actividade presencial. E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía _Non se modifican.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes