Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Historia da Arquitectura 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A38 A42 A49 A52 A53 A57 A63 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Configurada como:
1. Preguntas concretas sobre o conxunto das materias do programa.
2. Temas de reflexión e análise da arquitectura e o urbanismo nos distintos aspectos abordados no temario.
3. Análises concretos individualizados ou comparativos de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos e/ou urbanos, valorando a capacidade analítica da arquitectura nas súas diversas escalas e grados de profundidade.
60
Traballos tutelados A38 A42 A49 A51 A52 A53 A57 A63 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Realización satisfactoria dos traballos tutelados mostrando unha adecuada progresión ó longo do curso. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada de probas obxectivas e traballos tutelados que serán expostos polos alumnos nas clases interactivas. Dentro do proceso de avaliación continua, realizaranse tres probas parciais liberatorias ao longo do curso, sobre os contidos impartidos ata o momento. Para liberar a materia correspondente é necesario aprobar o parcial.

A asistencia ás clases presencias é necesaria para ser avaliado. O traballo no presencial é valorado a través dos traballos tutelados cun peso do 40% na calificación final.

A proba obxectiva terá un peso total do 60% na calificación final.

Cada unha das partes que forman a calificación (traballo tutelado e proba obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos.

Para poder aprobar a materia débense cumplir as dúas condicións seguintes:



1. A nota mínima en cada unha das respostas da proba obxectiva e en cada un dos traballos tutelados será de 3
puntos.



2. Unha das partes da proba obxectiva e un dos traballos tutelados teñen que obter unha calificación igual ou superior a 5
puntos.



Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (xaneiro) o alumno
debe cumprir a totalidade dos seguintes requisitos:



1. Asistir ó menos ó 80% das clases presenciais.



2. Entregar os traballos tutelados nas datas sinaladas.



3. Realizar a proba obxectiva, non deixando sen contestar a ningunha
das preguntas plantexadas.

No caso de non cumprir algún dos primeiros puntos, o alumno obterá un "Non presentado" na convocatoria (oportunidades de maio e xullo).

Si o alumno non se presenta á proba obxectiva na primeira oportunidade, cumprindo o resto de requisitos, obterá un "Non presentado" en maio.

Na segunda oportunidade (xullo), repetirase soamente a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira oportunidade, á que soamente se poderán presentar aqueles alumnos que:



1. Ou ben cumpriran os tres requisitos citados anteriormente
e non alcanzara a puntuación suficiente para aprobar.



2. Ou ben cumpriran os dous primeiros pero non se presentaran á proba obxectiva na primeira oportunidade.


Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Avaliación
en convocatoria adiantada
: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse
as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia
: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da
dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima,
manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.

Plaxio: No relativo ao plaxio se atenderá ao
indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes