Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción 6
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas que pretenden achegar ao alumno o coñecemento de diversos sistemas construtivos (sistemas de partición interior, comunicación vertical, revestimentos e acabados interiores e exteriores). Explicaranse os requisitos normativos para escoller o sistema construtivo axeitado para cada situación (prestación). Analizarase cada sistema para coñecer cómo prescribir as solucións construtivas, a súa reparación e mantemento, así como estimar o seu custo, sempre en consonancia co resto de aspectos do proxecto arquitectónico.

Facilitarase unha documentación de referencia que permita ao alumno dotarse de recursos bibliográficos cos que se poida manexar con comodidade. Non se busca un coñecemento memorístico dos contidos, senón un coñecemento intelixente da materia. Coñecementos nos que a docencia a través da exposición dos erros cometidos en diferentes traballos xoga un aspecto fundamental, sobre todo cando é posible acompañalos de imaxes que, polo seu valor didáctico, permitan valorar ao alumno a importancia das decisións tomadas.

Dentro da plataforma Moodle, o alumnado terá acceso ás leccións da materia, así como a diversa documentación complementaria e de apoio.

Valorase mediante uhna proba obxetiva e varias de respuestas múltiples.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se introducen coñecementos de diversas materias, sempre arredor dun proxecto arquitectónico, onde se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas regradas, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas prácticas sobre unha temática concreta, co apoio e supervisión do profesorado das materias implicadas.

O Obradoiro é un espazo de traballo e intercambio concibido para facilitar a confluencia dos contidos das distintas materias arredor da arquitectura, garantindo a optimización dos recursos didácticos e racionalizando o traballo do alumno. O Taller pretende establecer mecanismos de coordinación e transversalidade ao longo dos estudos, evitando duplicidades e repeticións nos contidos, facilitando a transición efectiva do alumno entre os sucesivos cuadrimestres, paliando o impacto negativo que a dispersión das materias cursadas nos distintos cuadrimestres debido en gran parte do alumnado ten na eficiencia requirida do sistema educativo. O Obradoiro proponse como ferramenta para desenvolver e avaliar competencias en torno á creación arquitectónica.

Baséase na realización dunha ou varias prácticas, nas que o alumno atopa unha identificación inmediata entre as ideas compositivas e a súa materialización construtiva, aplicando os coñecementos teóricos das clases maxistrais.

Dentro do Obradoiro tamén se enmarcan e valoran o resto de prácticas propostas dentro da materia (que, se é o caso, se desenvolverán en paralelo ao traballo específico do obradoiro), contarán co apoio do profesorado durante o desenvolvemento do Obradoiro e/ou clases interactivas. Se o peso do traballo referido á práctica específica da materia é elevado, o desenvolvemento construtivo do traballo específico de taller reducirase proporcionalmente.

Aqueles alumnos que, ademais de desenvolver o traballo do obradoiro e/ou o resto das prácticas propostas na materia, desexen participar, de forma voluntaria, nos concursos para alumnos que se propoñan no programa do curso, obterán un punto, que se engadirá á nota da proba obxectiva –exame teórico–, sempre que se supere dita proba. Os membros do equipo gañador obterán 2 puntos. IMPORTANTE: Para a obtención da puntuación, o alumnado deberá ter entregado a documentación mínima esixida nas bases do concurso, así como ter sido seguido por algún dos profesores da materia.

Poderanse realizar entregas parciais obrigatorias.
Proba obxectiva A proba obxectiva presencial na aula busca comprobar a aplicación dos coñecementos adquiridos na materia, as competencias adquiridas polo alumno, con apoio documental de libros e notas propias, sobre un caso práctico.
Proba de resposta múltiple Co fin de favorecer a aprendizaxe e a avaliación continua, realizaranse catro probas obrigatorias sobre as distintas temáticas. Estas probas realizaranse dentro da plataforma de teledocencia Moodle da UDC.
Traballos tutelados O alumnado, de forma voluntaria, individual ou en grupo (máx. 3 persoas), baixo a tutela do profesorado da materia, poderá realizar calquera das tarefas que se definirán detalladamente ao comezo do cuadrimestre no horario do curso, tales como:
- detalles construtivos en maqueta;
- compilación da documentación técnica, probas de laboratorio e documentos de construción que se lles indiquen de diferentes edificios ou proxectos;
- traballos de diagnose, estudo e rehabilitación do edificio de madeira da UDC (incluíndo traballos de montaxe/desmontaxe e obras xerais de construción), etc.

Nota. As horas destinadas ao traballo tutelado, sinaladas na planificación da materia, poderán ser compensadas coas asignadas ao taller.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que impliquen asistencia e/ou participación obrigatoria en actos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar nos coñecementos sobre temas de estudo relacionados co tema.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes