Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Urbanística 5
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución dunha ordenación urbanística nun ámbito proposto polo profesorado da materia. O seguimento do traballo será presencial e cada semana revisaranse os avances segundo o calendario marcado.
Aprendizaxe colaborativa Exercicios guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Parte deste traballo farase dando apoio ao programa coordinado por Proxectos 8.
Sesión maxistral As clases teóricas axudarán a presentar temas instrumentais e referencias ao proxecto
Análise de fontes documentais O traballo proposto implicará a recollida e procesamento de fontes documentais para desenvolver unha cartografía analítica e proactiva, completando e actualizando a información existente a través do traballo de campo. Amais, usaranse as bases cartográficas existentes nos distintos repositorios institucionais.
Proba mixta Exame de avaliación do nivel de coñecemento dos contidos da materia. A proba poderá incluír preguntas de resposta breve, resposta múltiple, esquemas, debuxos ou diagramas.
Seminario Sesións de traballo en grupo enfocado na introdución aos Sistemas de Información Xeográfica
Eventos científicos e/ou divulgativos Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).

Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo
Proba práctica Proba individual que consistirá na resolución, a nivel esbozo-anteproxecto, dun programa de intervención sobre o un ámbito dado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes