Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais En base aos contidos da guía docente e á presentación da materia, o alumno revisa os seus coñecementos previos e recupera o material docente anterior relacionado coa materia.
Sesión maxistral Conxunto de clases e conferencias nas que resulta fundamental o labor expositivo do relator (profesor e/ou conferenciante), labor que se realiza co apoio da T.I.C. Consisten no desenvolvemento dos diversos temas do temario. O alumno debe adoitarse ao manexo da bibliografía recomendada da materia, que se pode localizar na biblioteca da ETSA (e parcialmente tamén en internet) contando como apoio cos esquemas das classe dispoñibles na facultade virtual, así como en reprografía.

O seguimento continuado das clases teóricas é unha esixencia da materia que se considera cumprido coa asistencia polo menos ao 80% das clases que se desenvolvan de forma presencial física
Solución de problemas El alumno resolverá ejercicios orientados hacia la futura práctica profesional con la tutela del profesor.
Se insistirá en presentar el resultado de forma que resulta claramente visible, indicando el valor numérico con la precisión y unidades correspondientes.
Se explicarán los errores más comunes que suelen cometerse, valorándolos en función de su gravedad, tanto de tipo conceptual como numéricos.
Posteriormente se propondrán ejercicios similares para su desarrollo por el alumnado
Esíxese a entrega do 80% das prácticas propostas adecuadamente resoltas.
Estudo de casos Enfróntase ao alumno a un caso real específico, cun importante contido estrutural, que lle describe unha situación real da vida profesional.
O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes á intervención sobre estruturas de cimentación para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión e razoamento crítico, expor unha actuación e confrontala coa realizada na realidade.
Lecturas Adquisición dun marco conceptual xeneral mediante a lectura de textos cuestiones referentes a mecánica do chan e cimentacións, así como de profundización sobre os diversos temas do programa e outros que poidan ser puntualmente interesantes, debido ás condicións particulares do traballo a desenvolver.
Proba obxectiva O alumno deberá superar dúas probas eminentemente prácticas pero que pode incluír contidos teóricos sobre os distintos aspectos da materia expostos en clase.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar ao longo do curso un traballo que implique o deseño das estruturas e cimentación dun edificio, así como o dimensionado e a elaboración dos oportunos planos da cimentación realizados a un nivel profesional.
Este traballo inscríbese no desenvolvemento dun proxecto arquitectónico, incorporándose progresivamente os distintos temas que se desenvolven en teoría. Aqueles alumnos que non estean vinculados ao taller deseñarán no tres primeiras semanas do curos un edificio porticado de formigón e progresivamente irá desenvolvendo todos os aspectos que lle permitirán o deseño e cálculo da cimentación, que se irán organizando en entregas parciais que se refundirán nunha entrega final. Esíxese o seguimento ao longo do curso e a súa entrega na data especificada para iso, non admitíndose a súa entrega na segunda oportunidade.
Obradoiro O alumno deberá proxectar a estrutura e cimentación do edificio proxectado en réxime de taller, dimensionar a cimentación e representala adecuadamente a un nivel profesional. A partir do edificio deseñado een o taller, seguirase a metodoloxía exposta en traballos tutelados.
O taller, de acordo co establecido no vixente Plan de Estudos, está suxeito a un proceso de avaliación continua dado que ademais é un labor interdisciplinar. As revisións e entregas que se realizan ao longo do curso son as que permiten garantir a autoría do traballo e contrastar a súa evolución. Por iso esíxese o seguimento ao longo do curso e a súa entrega na data especificada para iso, non admitíndose a súa entrega na segunda oportunidade.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumno que implican a asistencia e participación en eventos científicos e divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, visitas a obras, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas relacionados coa materia.
Estas actividades proporcionan ao alumno coñecemento e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes