Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 Valoración del trabajo desarrollado 40
Proba obxectiva A15 Asistencia 60
 
Observacións avaliación
<p>A avaliación, como sistema de recolleita de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia injustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Ademais nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos e a terminología empregada.</p><p>O sistema de avaliación continua configúrase con probas obxetivas, que se realizarán durante o curso, e un traballo tutelado que será desenvolvido ao longo do cuadrimestre e cuxo seguimiento esixirá entregas parciais. As probas obxetivas representan o 60% da cualificación global e o 40% restante corresponde á cualificación do traballo tutelado. Para poder realizar as probas obxetivas intermedias será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 80%. E para poder superar a materia por curso hai que obter unha cualificación mínima, tendo en conta tanto as probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10, esixíndose así mesmo unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado.</p><p>Os alumnos que non superen a materia por curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos casos conservarase a nota do traballo tutelado.</p><p>Para a segunda oportunidade non se contempla a posibilidade de mellora dos traballos presentados debido á imposibilidad de garantir a autoría do alumno. Polo tanto, o alumno que non entregue este traballo non poderá computar este apartado. </p><!--[if gte mso 9]><xml> Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 </xml><![endif]-->
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes