Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Estruturas Singulares
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Estruturas Singulares Código 630G02049
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Perez Valcarcel, Juan Bautista
Correo electrónico
juan.pvalcarcel@udc.es
Profesorado
Perez Valcarcel, Juan Bautista
Vazquez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
juan.pvalcarcel@udc.es
jose.vazquez@udc.es
Web http://www.udc.es/etsa
Descrición xeral Introducir ao alumno no deseño e cálculo de estruturas non convencionais e por iso menos frecuentes na actividade profesional normal, con especial incidencia en estruturas lixeiras, cubertas de grandes luces e edificios en altura. Ante á constante evolución dos medios e procesos dixitais como instrumentos de deseño, análise, representación e fabricación, proponse ao alumno a súa inmersión no uso de ferramentas informáticas de analisise estrutural. Para iso utilizaranse procesos baseados en B.I.M (Building Informatión Model) profundizando na relación entre o modelo de información do edificio e o modelo analítico. Analizarase o formato IFC (Industry Foundation Classes) como ferramenta de intercambio de información entre o diferentes paquete de software analizados ao longo do curso. O alumno poderá facer uso adecuado dos programas dispoñibles no Laboratorio de Deseño Asistido da Escola Técnica Superior de Arquitectura: Revit, Robot Structural Analysis, Dynamo, Dynashape ou plataformas de libre distribución como o módulo Kangaroo e Flexhopper sobre Rhinoceros-Grasshopper entre outros. Así mesmo enlazaranse os coñecementos adquiridos no proceso da elaboración do proxecto de estruturas coas ferramentas de fabricación dixital, impresoras 3D e máquinas de control numérico dispoñibles no Laboratorio de Fabricación Dixital da ETSAC. Para iso realizaranse unha serie de prácticas que partindo de exemplos elementais posibiliten a creación e posterior análise estrutural de modelos a escala reducida.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes