Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Representación avanzada en Arquitectura
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación e explicación das peculiaridades da matera, así como da área da cidade a intervir durante o curso. Organización do cuatrimestre coa formación de grupos
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e outros recursos, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Os contidos teóricos da materia iranse expoñendo de manera non lineal, na secuencia que o profesorado estime mais oportuna para obter os mellores resultados e en función da heteroxeneidade do grupo.
Prácticas de laboratorio Realizarase de maneira individual no Laboratorio Informático da ETSA coa finalidade de adquirir coñecementos xerais sobre programas BIM e dotar de ferramentas para poder levar a práctica ditos coñecementos
Traballos tutelados Realizase un traballo supervisado, o cal implica un importante labor autónomo non presencial por parte do estudantado, o cal analizará unha parte da cidade coa finalidade de propor pequenas intervencións de mellora no ámbito urbano plantexado, expresadas a través de diferentes medios gráficos, e poñendo atención na diversidade e con perspectiva de xénero.
O traballo organízase en bloques, con entregas independentes; elaborarase en grupos de 3 persoas e ao longo do curso realizaranse titorías de control do desenvolvemento do mesmo
Presentación oral O estudantado de cada grupo deberá expoñer o Traballo Tutelado ao final do catrimestre. En dita exposición participarán obligatoriamente tod@l@s membros do grupo. Preténdense dous obxetivos: que sexan capaces de expoñer as suas ideas e resultados, e que sexan partícipes dos contidos e presentación dos exercixos d@s demais compañeir@s
Proba obxectiva Realizarase unha proba escrita dun máximo de dúas horas de duración ao final do curso, a cal versará sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e os desenvolvidos na práctica tutelada
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes