Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Representación avanzada en Arquitectura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A64 B1 B3 B5 B12 C3 C4 C6 C7 Requírese a asistencia as sesións maxistrais 1
Traballos tutelados A1 A2 A4 A64 B2 B3 B4 B12 C4 C6 C7 C8 O traballo realizarase en grupos de 3 estudantes, avaliándose individualmente a participación de cada unha por medio das titorías e a aportación persoal específicamente requerida en cada bloque. Avaliarase en conxunto a análese realizada e a adecuación da proposta e dos recursos gráficos empregados para a sua representación 70
Presentación oral B2 B3 B4 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a calidade do material de apoio aportado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado. A exposición pública do Traballo Tutelado realizarase ao final do catrimestre e será obrigatoria a participación de tod@l@s compoñentes do grupo de traballo 14
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B12 C1 C4 C7 Realizarase unha proba teórica-práctica ao final do curso, a cal contribuirá a avaliar individualmente os coñecementos adquiridos por cada alumn@ 15
 
Observacións avaliación

Utilizarase o método de Avaliación Continua, o que supón que a calificación obterase fundamentalmente a partires da participación e do traballo do estudantado ao longo do catrimestre.

Primeira oportunidade: O alumnado deberá asistir polo menos ao 80% das sesións maxistrais e as prácticas. Deberá entregar todalas prácticas propostas na data acordada e ter realizada a proba obxetiva.

Segunda oportunidade: Para poder presentase deberá ter cumprida a asistencia exixida e ter entregado o Traballo Tutelado na data acordada. A segunda oportunidade poderá consistir nunha proba obxetiva e/o a entrega dun traballo complementario.

"A docencia ao alumnado de programas de movilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e traballos tutelados especiais, así como as probas e exámes de avaliación"

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes