Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Comunicación gráfica en Arquitectura
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os ontidos teóricos impartiránse utilizando a estratexia educativa denominada "flipped classroom". Esta extratexia inverte o entorno tradicional do ensino enviando previamente os/as estudantes os contidos teóricos da clase a través da plataforma Moodle. O comenzo sa sesión presencial, as posibles dúbidas sobre os mesmos poden ser consultadas e esclarecidas polos/as profesores/as. Despois os/as alumnos/as realizarán unha proba para confirmar que todo ha sido comprendido de forma correcta.
Traballos tutelados Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas.
Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque.
Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba obxectiva Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Presentación oral Ao final do semestre, cada grupo debe facer unha exposición oral da práctica xeral realizada, presentando cada un dos apartados e participando todos os integrantes, durante un tempo fixado previamente.
Actividades iniciais Exposición inicial dos obxectivos que se queren alcanzar ao longo do semestre vinculados co programa formativo da materia. Exposición das metodoloxías a empregar e proposta de traballos a desenvolver.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes