Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Deseño Industrial
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño Industrial Código 630G02054
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
francisco.vidal@udc.es
Profesorado
Martinez Raído, Jose Luis
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
jose.luis.martinez.raido@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo do curso é introducir ao alumno no vínculo tradicional entre o arquitecto e o deseño industrial. O curso achégase á disciplina do deseño industrial e a figuras de arquitectos que desenvolveron unha actividade profesional relevante neste campo. Os contidos teóricos da materia apoian as prácticas de deseño industrial de obxectos. Coméntase a historia do moble; o material no proceso de deseño (madeira, vidro, aceiro); solucións con ensambles, parafusos e encolados; ergonomía no deseño.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos; Non se modifican os contidos da mateira 2. Metodoloxías: Mantéñense todas as metodoloxías previstas na modalidade docente ordinaria, excepto as "Saídas de campo", que se anulan As seguintes metodoloxías realizaranse en modalidade non presencial, a través das aplicacións Teams e Moodle: - Discusión dirixida - Sesión maxistral - Proba mixta (técnica e teórica). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Mantéñense os horarios de clase e titorías, que se realizarán mediante a aplicación Teams. - Programaranse horarios adicionais de titorías para períodos non lectivos. - Os alumnos poderán solicitar atención individualizada a través de Teams ou do correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación: A proba individual farase a través da plataforma Teams. Alumnos sen posibilidade de acceso a plataforma Teams, poderán substituir a proba individual por un traballo tutelado proposto polo profesor, que entregará na plataforma Moodle. Este traballo tutelado alternativo suporá o 20% da calificación, sendo o seu peso na calificación equivalente ao da proba individual á que substitue. Observacións de avaliación: - Mantéñense as metodoloxías de avaliación recollidas na Guía Docente, coa excepción dos alumnos sen posibilidade de conexión a través da aplicación Teams, que poderán substituír a parte teórica da proba mixta por un traballo específico. - Será necesaria unha participación activa do alumno, que permita realizar o seguimiento e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispóñense as tarefas abertas en Moodle e as sesiones de revisión das mesmas a través de Teams. - Flexibilizarase a asistencia as sesiones en Teams para alumnos que no podan seguir o horario por causas xustificadas, utilizando neste caso a atención individualizada en tutorías. - As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos para a docencia presencial. - A parte teórica da proba mixta farase a través da plataforma Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se prevén modificacións na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes