Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Intervención no Patrimonio Europeo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Intervención no Patrimonio Europeo Código 630G02055
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
francisco.vidal@udc.es
Profesorado
Martinez Raído, Jose Luis
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
jose.luis.martinez.raido@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web
Descrición xeral O actual programa da Escola Superior de Arquitectura da Coruña inclúe, no 5º curso, a materia de Intervención no Patrimonio Europeo adscrito ao Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, sendo unha resposta as prácticas de caracterización e intervención no noso rico e amplo patrimonio arquitectónico, edificado e territorial, que conforma en Galicia unha realidade insustituible nos procesos identitarios, no coñecemento da disciplina e, polo tanto, na formación dos alumnos da escola galega de arquitectura. Estes procesos tamén son esenciais para profundizar na propia comprensión cultural e na historia universal da humanidade, como documentan e certifican o amplo patrimonio galego que forma parte do listado do Patrimonio Mundial da UNESCO e do Rexistro de Bens Culturais do Estado Español e, polo tanto, de Europa. A intención desta asignatura é sinalar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas esenciais para prácticas dirixidas á conservación, restauración e rehabilitación (como foron sistematizadas fundamentalmente desde o século XVIII ata o de agora), en clara convivencia coa normativa legal. e procedementos administrativos que salvagardan as accións que se levan a cabo no marco do noso estado de dereito social e democrático (a través da Constitución, dos Estatutos de autonomía e dos tratados internacionais), que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico, construído e territorial, caracterizado como tal.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Mantéñense todas as metodoloxías recollidas na Guía Docente. 2. Metodoloxías: Mantéñense todas as metodoloxías recollidas na Guía Docente. As seguintes metodoloxías realizaranse en modalidade non presencial, a través das aplicacións Teams e Moodle: - Discusión dirixida - Portafolios do alumno - Análise de fontes documentais - Aprendizaxe colaborativa - Sesión maxistral - Proba obxectiva 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Mantéñense os horarios de clases e de titorías, que se realizarán a través da aplicación Teams. - Programaranse horarios adicionais de titorías para períodos non lectivos. - Os alumnos poderán solicitar atención individualizada a través de Teams ou do correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación: No caso de ter que adoptar o plan de continxencia a Proba Obxectiva presentarase a través da aplicación Teams e Moodle, e o alumno entregará a proba a través da aplicación Moodle. Os alumnos sen posibilidade de conexión a través da aplicación Teams, poderán substituír a proba obxectiva por un traballo tutelado proposto polo profesor. *Observacións de avaliación: - Mantéñense as metodoloxías de avaliación recollidas na Guía Docente, coa excepción dos alumnos sen posibilidade de conexión a través da aplicación Teams, que poderán substituír a proba obxectiva por un traballo tutelado específico. - Será necesario unha participación activa do alumno, que permita realizar o seguimiento e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispoñense as tarefas abertas en Moodle e as sesións de revisión destas tarefas en Teams, sendo necesario demostrar un continuo e puntual seguimento das mesmas. - Flexibilizarase a asistencia as sesiones en Teams para alumnos que no podan seguir o horario por causas xustificadas, utilizando neste caso a atención individualizada en tutorías. - As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos para a docencia presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se prevén modificacións no material bibliográfico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes