Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Intervención no Patrimonio Europeo
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Unha vez superada esta asignatura, xunto con tódalas demáis, o alumno debe haber adquirido as seguintes competencias: 1. Aptitude para crear proxectos de restauración arquitectónica que comportan unha fase importante dos procesos de patrimonialización cultural dun Ben Cultural (edificio, ben urbano ou territorio) que satisfagan á súa vez as esixencias estéticas e as técnicas. 2. Coñecemento adecuado da historia e das teorías da arquitectura, da conservación da arquitectura, da cidade e do territorio histórico, así como das artes, tecnoloxía e ciencias humanas relacionadas. 3. Coñecemento das belas artes como factor que pode influir na calidade da concepción arquitectónica. 4. Coñecemento adecuado do urbanismo, a planificación e as técnicas empregadas no proceso de planificación da cidade histórica e do territorio histórico. 5. Capacidade de comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como os valores patrimoniais que estes soportan e a necesidade de relacionar os edificios e os espacios situados entre eles en función das necesidades e da escala humanas. 6. Capacidad de comprende-la profesión de arquitecto e o seu papel na sociedade, en particular elaborando estudios, informes ou proxectos tendo en conta os factores sociais e os valores patrimoniais e culturais. 7. Coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de restauración. 8. Comprensión dos problemas da concepción estructural, de construcción e de enxeñería vencellados cos proxectos de edificios con valores históricos e patrimonial-culturais, coa cidade histórica ou co territorio histórico. 9. Coñecemento adecuado dos problemas físicos e das distintas técnicas e tecnoloxías, así como da función dos bens inmobles, de forma que se dote a estes de condicións internas de comodidade e de protección funcionais e culturais en consonancia e compatibilidade cos usos históricos reportados polo Ben arquitectónico. 10. Capacidade de concepción para satisfacer os requisitos dos usuarios dos bens inmobles respectando os límites impostos polos factores presupostarios, pola normativa da construcción e polas boas prácticas de intervención no patrimonio edificado, a cidade e o territorio histórico. 11. Coñecemento apropiado das industrias, organizacións, regulamentacións, normativas e procedementos metodolóxicos para plasmar os proxectos nos Bens e para integrar os planos na planificación. 12. Ligar os conceptos de Patrimonio Arquitectónico-Cultural, á idea que soporta dito concepto cos documentos preproyectuais, proyectuais e a dirección de obra específica. Ferramentas indispensables para a conservación e restauración do Patrimonio arquitectónico en xeral e máis especificamente os que teñen a consideración e categoría de Bens de Interese Cultural: Artigo 10 LEI 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Categorías de bens inmobles declarados de interese cultural ou catalogados 1. Os bens inmobles declarados de interese cultural ou catalogados integraranse nalgunha das seguintes categorías: a) Monumento: a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico. b) Xardín histórico: o espazo delimitado produto da ordenación planificada de elementos naturais e artificiais de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, antropolóxico ou científico e técnico. c) Sitio histórico: o lugar vinculado a episodios relevantes do pasado, a tradicións populares ou a creacións culturais singulares de interese histórico, paleontolóxico, sempre que estea relacionado coa historia humana, etnolóxico, antropolóxico ou científico e técnico. d) Xacemento ou zona arqueolóxica: o lugar no que existen evidencias de bens mobles ou inmobles susceptibles de seren estudados con metodoloxía arqueolóxica, de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, sempre que estea relacionado coa historia humana, ou antropolóxico. e) Vías culturais: a vía ou camiño de características orixinais recoñecibles que forma parte ou que o formou no pasado da estrutura tradicional do territorio, cun relevante interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico ou antropolóxico. f) Lugar de valor etnolóxico: o ámbito no que permanecen testemuños relevantes e recoñecibles de actividades ou construcións vinculadas ás formas de vida e cultura tradicional do pobo galego que resulten de interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico ou antropolóxico. g) Conxunto histórico: a agrupación de bens que conforman unha unidade de asentamento, continua ou dispersa, cunha estrutura física representativa da evolución dunha comunidade que resulta un testemuño cultural significativo por interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico, aínda que individualmente os elementos que a conforman non teñan unha especial relevancia. h) Paisaxe cultural: o lugar identificable por un conxunto de cualidades culturais materiais e inmateriais singulares, obras combinadas da natureza e o ser humano, que é o resultado do proceso da interacción e interpretación que unha comunidade fai do medio natural que o sustenta e que constitúe o soporte material da súa identidade. i) Territorio histórico: o ámbito no que a ocupación e as actividades das comunidades ao longo da súa evolución histórica caracterizan un ámbito xeográfico relevante polo seu interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial ou científico e técnico. 2. A pertenza a unha destas categorías non será incompatible coa declaración individualizada adicional de ben de interese cultural ou a catalogación individualizada dalgún dos seus elementos ou coa súa adscrición a outras figuras de protección derivadas doutras lexislacións sectoriais. 3. A declaración de ben de interese cultural dun inmoble ou a súa catalogación afectará tanto o solo coma o subsolo. A5
A9
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A31
A34
A35
A36
A37
A38
A39
A40
A41
A42
A45
A46
A47
A48
A49
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
A67
A68
A69
A70
A71
A72
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes