Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Paisaxe e Hábitat sostible
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Paisaxe e Hábitat sostible Código 630G02056
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
jorge.ralvarez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Alvarez, Jorge
Rodriguez Blanco, Emilio
Correo electrónico
jorge.ralvarez@udc.es
emilio.rblanco@udc.es
Web http://http://paisaxeetsac.blogspot.com.es/ https://www.facebook.com/pages/Paisaxe-e-Habitat
Descrición xeral Paisaxe non é igual a natureza. O concepto de paisaxe implica a elaboración dun esquema mental fortemente influenciado pola suma aditiva de experiencias culturais. A natureza é unha entidade en si mesma, mentres que a paisaxe precisa ser interpretada ou experimentada. A través do coñecemento das relacións que se establecen entre o paisaxe e a experiencia, así como do axentes causantes de esas relacións será posible abordar unha interpretación dos paisaxes existentes e a súa reformulación creativa. A materia trata de introducir ao alumno no entendemento dos elementos que compoñen a paisaxe e as relacións que establecen entre eles. O obxectivo é dotar ao alumno das ferramentas necesarias para poder integrar estudios, e criterios paisaxísticos nos seus proxectos de arquitectura e urbanismo. O foco da materia está na paisaxe resultante das intervencións do ser humano dentro do seu hábitat. Hábitat entendido como o medio ambiente no que o humano se desenvolve,vive, traballa e do que extrae recursos. Unha parte fundamental da materia tratará as relacións entre a paisaxe e a preservación dese hábitat; o hábitat sostible.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos -Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS. ACTIVIDADES INICIAIS. *Metodoloxías docentes que se modifican SESIÓN MAXISTRAL. Adaptación da forma presencial tradicional á forma non presencial a través da plataforma Teams TRABALLOS TUTELADOS. Realizase a tutela de dito traballo a través das plataformas dixitais aportadas pola UDC. (Teams) mediante titorías acordadas con cada equipo PROBA MIXTA. Non se realizará a proba mixta final. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía dos Traballos Tutelados Mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán por Teams ou Moodle 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. ? A profundidade do contido. ? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas. ? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. ? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. ? A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: ?- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes