Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Paisaxe e Hábitat sostible
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A17 A19 A20 A34 A35 A36 A37 A39 A41 A44 A45 A46 A47 A54 A57 A59 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C4 C5 C6 Avaliación do proxecto ApS . Utilizarase unha rúbrica para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos, en canto á necesidade social atendida, as competencias adquiridas polo alumnado, a súa participación activa e as dinámicas de colaboración coas entidades participantes, a difusión. e proxección, etc... Valorarase a implicación e participación nas actividades, o cumplimento das entregas e a calidade do material elaborado. 90
Eventos científicos e/ou divulgativos C4 C5 C7
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).
10
 
Observacións avaliación

Na avaliación xeral do curso valoraranse os seguintes aspectos: asistencia e participación en clase e obradoiros e actividades.

Para aprobar a materia é necesario superar cada unha destas escalas:

- Asistencia a clase: mínimo 80% de sesións expositivas e 80% de sesións interactivas. Ademais, o profesorado valorará se a asistencia é activa participando nas sesións expositivas (respondendo preguntas), en equipo ou en correccións individuais. A participación activa poderá valorarse como un incremento da nota final.

A nota da primeira oportunidade será "Non Presentada" se non entregou ningún dos elementos avaliables. Non obstante, a participación activa na clase, durante o período lectivo, que acredite un coñecemento adecuado dos contidos da materia poderá ser valorada polo profesorado.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" a asistencia mínima ás clases será do 50%, tanto nas sesións interactivas como nas expositivas. O resto dos elementos de avaliación serán os mesmos que no caso xeral. En relación coa proba final, seguirase o descrito no artigo 12 das “Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Titulacións dos Estudos de Grao e Máster Universitario da UDC” (versión consolidada 2017).

Exención académica: non se contempla, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, quedando así invalidada calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. a convocatoria extraordinaria.

Segunda oportunidade:

Para aprobar a materia nunha segunda oportunidade é necesario repetir os elementos avaliables nos que non se conseguiu a superación.

Os traballos tutelados serían reelaborados, corrixidos ou completados segundo as indicacións dos titores da materia. Para iso, recoméndase que os equipos fagan uso de titorías académicas cos seus titores correspondentes durante o segundo cuadrimestre. Os traballos entregaranse, como máximo, ata unha semana antes do exame de segunda oportunidade.

Os alumnos que non cumprisen o mínimo de asistencia durante o período lectivo non terán dereito a unha avaliación positiva.

Para todo o demais, os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que da primeira

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes