Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Actuacións Urbanísticas Contemporáneas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Actuacións Urbanísticas Contemporáneas Código 630G02060
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Profesorado
Llamazares Castro, Jesus
Seoane Prado, Enrique
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
j.llamazares@udc.es
enrique.seoane@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral O curso desenvolverase arredor da globalización da información e da cultura, da mundialización da economía, e do cambio climático como paradigmas da contemporaneidade, que se traducen na explosión da cidade sobre os territorios e na urbanización indiscriminada e na ocupación desde a urbanidade de territorios afastados das cidades (especialmente os territorios litorais) e na percepción desde a óptica, desde a sensibilidade e desde a cultura urbanas de todos os territorios. Cas exposicións teóricas preténdese o estudio e o entendemento dos modos contemporáneos de intervención proxectual urbanística no mundo urbano, periférico, e territorial. As actuacións urbanísticas contemporáneas teñen así moito que ver: - co entendemento do metabolismo urbano (social e material) e de ciclo pechado nas cidades e no territorio(autoxeneración enerxética, autosuficiencia hídrica e sistemas urbanos de drenaxe sostible, valorización de resíduos, sustentabilidade e soberania alimentaria,...); - ca valoración da competencia dos territorios frente á competitividade entre eles; - con modelos alternativos e integrados de mobilidade e de accesibilidade aos bens materiais e culturais; - ca valoración da salubridade (cidades saudables e descarbonizadas), da inclusividade fronte á "gentrification" e a "guettification", e da participación ciudadadana; - ca incorporación da natureza e dos procesos naturais na cidade consolidada, e da infraestruturas e dotacións urbanas no territorio rural (natureza no urbano e urbanidade no territorio), que derivan en actuacións de carácter paisaxístico. O alumnado -en grupo e individualmente- ha de desenvolvernos exercicios, actividades prácticas e prácticas de curso -tanto desde a discusión teórica como desde a necesaria investigación iniciática- para o establecemento de pautas e propostas de intervención urbanística que contemplen e entendan os paradigmas da contemporaneidade a partir do conxunto de clases teóricas sobre os diferentes tipos de proxectos urbanos e territoriais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes