Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Hábitat Básico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O corazón das actividades que os alumnos desenvolverán será un traballo práctico, de análise crítico de asuntos de interese docente referidos ao Hábitat, as súas estratexias, procesos e outras circunstancias, nalgún ámbito determinado. Entendemos que a escolla dese ámbito forma parte do Trabajo Tutelado e neste caso é unha actividade de extrema importancia xa que o resultado da investigación que realice cada estudante depende en boa maneira nunha axeitada e ben formulada elección do ámbito de estudo e do establecemento das hipótesis apropiadas de traballo para aquel.
Por esta razón ista actividade ten de ser meticulosa, requerindo un grande empeño persoal do estaudante alén das aulas.
Lecturas Boa parte dos materiais sobre os que se sustentará a análise que se deberá realizar o alumno haberán de ser localizados en fontes escritas, por iso espérase unha ampla dedicación á procura hemerográfica.
Ademais diso, dada a actualidade dos temas abordados nesta materia e o seu impacto social faise necesario acudir a fontes bibliográficas vivas, non necesariamente procedentes do ámbito da arquitectura, para construír os discursos teóricos necesarios.
Sesión maxistral O profesorado presentará os contidos que conforman o corpo teórico da materia.
Previamente os alumnos poderán ser requiridos a realizar algunhas lecturas sobre o tema.
De igual maneira tras o desenvolvemento das sesións maxistrais, o alumnado pode ser requirido a debater os asuntos expostos.
Saídas de campo Realizarase unha ruta crítica -peonil ou ciclista- a través de tecidos urbanos caracterizados pola súa diversidade morfolóxica e a presenza dun parque edificado representativo de todas os procesos formais e informais de construción do hábitat.
Ao longo da ruta sucederanse sesións críticas colectivas, acompañadas de leccións disparadoras.
Esta ruta realizarase nunha contorna próxima á Escola de Arquitectura, que os alumnos cren coñecer.
Aprendizaxe colaborativa A construción do hábitat é un acto social por antonomasia. A cooperación é unha estratexia de traballo frecuente neste ámbito. E a inclusividade é unha das metas que se deben conseguir.
As aulas non poden ser alleas a isto polo que a aprendizaxe colaborativa será unha metodoloxía recorrentemente usada.
Traballos tutelados O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise para a intervención, procurando fontes de información diversas e apoiándose no traballo de campo.
Todo esto estrutúrase nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente dacordo cunha metodoloxía científica e acompasándose ás leccións teóricas impartidas polo profesorado.
Producirase un documento final no que tódolos seus contidos deberán ser expresados con estratexias comunicativas axeitadas. avanzadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes