Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Hábitat Básico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introdución dos conceptos teóricos fundamentais e das metodoloxías de análise e presentación dos casos de estudio teórico-prácticos.
Obradoiro O alumnado aplicará os conceptos e metodoloxías aos casos de estudo propostos, co apoio e supervisión do profesorado.
Isto inclúe para cada estudante a presentación oral do traballo práctico desenvolto, a resposta ante probas de control do proceso de capacitación e a produción dun documento final explicativo da análise realizada de cadanseu caso de estudio ou proposta de intervención.
Na liña do ensaiado en cursos anteriores, trazaranse colaboracións con outras escolas e/ou entidades, se as circunstancias así o permiten. Este feito pode modificar o calendario docente pola realización de viaxes ou actividades fóra das aulas, que en todo caso serán acordadas co alumnado matriculado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a actividades organizadas polo centro, a UDC ou outros actores de coñecemento, que sexan recomendadas polo profesorado e que impliquen a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicions e outro tipo de eventos) co obxetivo de profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
Proba mixta Trátase dunha probra teórico-práctica na que o estudantado deberá obter unha calificación superior a cinco (5) sobre dez (10) puntos para superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes