Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Hábitat Básico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A72 A71 A70 A63 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A44 A40 A36 A35 A33 A29 A28 A18 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 É unha sesión na que o estudantado convocado demostrará a adquisición das capacidades e coñecementos propios da materia mediante unha proba teórico-práctica. 34
Traballos tutelados A72 A71 A70 A63 A61 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A34 A29 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A14 A13 A12 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise de casos de estudo de Habitabilidade Básica.
Todo esto é formalizado nun Traballo Tutelado, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente acompasándose ós coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica que se manifestará coas estratexias comunicativas propias dos profesionais da arquitectura.
A realización do Traballo Tutelado inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso.
66
 
Observacións avaliación



Asistencia mínima. A
asistencia e obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o
curso. Sen este requisito o alumnado non poderá aprobar por curso a materia.


Matrícula tardía. As
persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán
asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a
posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data.



Avaliación. Para
superar a materia o alumnado dispoñerá de dúas oportunidades: xuño e xullo. Na primeira
oportunidade o alumnado será avaliado polos resultados producidos no seu traballo
tutelado.



Non entregar o
traballo tutelado no momento da primeira oportunidade de avaliación implica
unha cualificación de "Non Presentado".



Quen non superase
esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá
nunha proba obxectiva de tipo teórico-práctica no mes de xullo, segundo o
calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnado
deberá entregar o Traballo Tutelado, axeitadamente titorizado polo profesorado,
no momento de realización da proba.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes