Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Hábitat Básico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 A18 A28 A29 A33 A35 A36 A40 A44 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A63 A70 A71 A72 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 É unha sesión na que o estudantado convocado demostrará a adquisición das capacidades e coñecementos propios da materia mediante unha proba teórico-práctica. 34
Obradoiro A12 A13 A14 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A29 A34 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A61 A63 A70 A71 A72 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise e traballo práctico en casos relacionados coa Habitabilidade Básica.
Todo isto é formalizado nun traballo teórico-práctico, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica, que se manifestará coas estratexias comunicativas propias das profesionais da arquitectura.
A realización do traballo teórico-práctico inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso.
66
 
Observacións avaliación

Asistencia mínima. A asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212), deberá asistir a un mínimo do 50% das sesións.

No tocante ás actividades que xurdan, ao abeiro do traballo no obradoiro, e que supoñan algunha modificación do calendario ou horario lectivo, serán de carácter voluntario e sempre se ofrecerá unha alternativa dentro das horas estipuladas de asistencia obrigatoria.

Matrícula tardía. As persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data.

Avaliación. Parasuperar a materia, o alumnado disporá de dúas oportunidades: maio/xuño e xuño/xullo. Na primeiraoportunidade. o alumnado será avaliado polos resultados do seu traballo no obradoiro.

Non entregar otraballo teórico-práctico no momento da primeira oportunidade de avaliación implicaunha cualificación de "Non Presentado".

Quen non superase esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistiránunha proba mixta de tipo teórico-práctica no mes de xuño/xullo, segundo ocalendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnadodeberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado, no momento de realización da proba.

Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, porque é unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.
Exención académica: non se contempla, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.
A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, quedando así invalidada calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. a convocatoria extraordinaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes