Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Debuxo da Paisaxe
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para aplicar sistemas de representación gráfica. Capacidade para manexar sistemas de proxección e corte. Capacidade para manexar os aspectos cuantitativos e selectivos da escala. Capacidade para establecer a relación entre plano e profundidade A1
A2
B2
B4
C3
C8
Coñecemento e comprensión dos sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e expresión visual das distintas fases do deseño da paisaxe. Comprensión da xeometría métrica e proxectiva como fundamentos de trazado, deseño e composición A3
B3
B7
Estudo dos distintos Sistemas de Representación Gráfica aplicados no ámbito da paisaxe, a partir dos seus fundamentos teóricos, cunha profundización diferenciada en función do seu funcionamento, a partir da selección do sistema máis axeitado en cada caso concreto. A1
A3
B3
B4
C4
Coñecemento e comprensión das leis da percepción visual e da proporción, das teorías da forma e da imaxe, das teorías estéticas da cor e dos procedementos para o estudo fenomenolóxico e analítico da paisaxe. A3
A4
B1
B3
C1
Dotar de rigor xeométrico á representación e análise do contorno, sen esquecer que o proceso creativo baséase fundamentalmente na capacidade racional de percibir o espazo. A1
A2
B5
B7
C2
C6
Capacidade de imaxinación e lectura espacial, tanto para que o alumno poida imaxinar un obxecto representado no plano no espazo, como para representar no plano o que se imaxinaba previamente no espazo, é dicir, estimular a aprehensión espacial ou “ver no espazo”. " A1
A3
B2
B4
C5
Desenvolvemento da expresividade mediante proxeccións intencionadas, perspectivas, trazado de sombras, teoría do claroscuro e luz solar, útiles nos campos da formación da paisaxe. A2
B2
B4
B5
Capacidade para concibir e representar a paisaxe, a cor, a textura, a luz e controlar a proporción dos obxectos. Estudo detallado dos niveis de aprendizaxe gráfica, desde a etapa perceptiva inicial ata a etapa final da representación creativa A3
A4
B1
B2
B3
C1
C7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes