Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Debuxo da Paisaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esta primeira metodoloxía desenvolve as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos deben ter unha aptitude receptiva seguindo as explicacións do docente na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). O alumno tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. O obxectivo é proporcionar tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a paisaxe se encontra sempre presente.
Obradoiro É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios, resoltos principalmente a man alzada, e que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno:

1.- Práctica semanal de debuxo sobre taboleiro cunha duración de unha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase para a súa avaliación.

2.- Práctica de curso na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, de unha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes