Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Debuxo da Paisaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C8 É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno:

1.- Práctica semanal de debuxo (cualificación 40%) sobre taboleiro cunha duración de unha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase, cada semana, para a súa avaliación

2.- Práctica de curso (cualificación 60%) na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, de unha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia. Haberá unha data final de entrega desta práctica de curso, independentemente o profesor pode fixar entregas intermedias

Asistencia mínima: 80%
100
 
Observacións avaliación
Para aprobar por curso o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas semanais como na práctica de curso, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

De non acadar o aprobado por curso, haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na ETSAC, aos que só poderán presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes