Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Arte e Paisaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita que avaliará o coñecemento e comprensión do contido teórico e as súas aplicacións a través da análise de traballos estudados durante o curso e desenvolvemento de temas relacionados coa materia.
Presentación oral Como complemento ás sesións maxistrais e para promover a aprendizaxe autónoma, o alumno realizará un breve traballo de investigación, baseado nun tema asignado pola profesora, que terán que expoñer na aula.
Discusión dirixida Estas sesións dedicaranse ao estudo dos casos representativos dos contidos teóricos e ao debate sobre os temas propostos nas clases expositivas e nas lecturas dos textos seleccionados. A participación dos estudantes será promovida e valorada na evaluación final.
Lecturas A lectura de textos seleccionados será fundamental nas discusións dirixidas
Proba práctica Exercicio escrito sobre clases e lecturas: esta proba feita cara a metade do cuadrimestre ten como obxectivo consolidar a comprensión dos coñecementos adquiridos. Os estudantes deben facer uso da información facilitada durante as clases e dos datos extraídos da bibliografía recomendada
Sesión maxistral Clases teóricas de presentación oral complementadas con medios audiovisuais que facilitan a transmisión do coñecemento e facilitan a súa aprendizaxe
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes