Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Técnicas Matemáticas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na primeira clase do curso farase unha presentación dos contidos, as competencias e os obxectivos que se pretenden alcanzar con esta materia. Poderase realizar un breve test a fin de coñecer as competencias que posúe o/a alumno/a.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, na que o profesor presentará os diferentes temas da materia, así como os problemas que o/a alumno/a debe aprender a resolver. Ao longo da mesma o/a alumno/a poderá intervir facendo preguntas que faciliten a súa instrución e o/a profesor/a suscitará preguntas dirixidas aos/as estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Segundo se vaia desenvolvendo a materia o/a profesor/a suscitará traballos e/ou entregará boletíns de problemas que os/as alumnos/as deberán resolver. Os boletíns de problemas non son exames. A súa resolución comezará no aula, onde os/as alumnos/as, en pequenos grupos discutirán onde radica a súa dificultade e como se pode afrontar a súa resolución. O/A alumno/a terminará a realización dos mesmos de forma autónoma e poderá comprobar si os realizou correctamente, ben no aula, ben no sitio da materia no Campus Virtual da USC.
Proba obxectiva Exame teórico-práctico da materia impartida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes