Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Técnicas Matemáticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A13 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 Exame final, consistente en dúas probas teórico-prácticas correspondentes aos dous bloques da materia: Cálculo e Estatística. 90
Solución de problemas A13 B1 B2 B6 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliación do seguimento continuo da materia. Terase en conta a participación activa nas clases, a realización dos traballos e problemas expostos, así como a súa entrega en prazo. 10
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade:
A avaliación do alumnado en primeira oportunidade farase en base aos seguintes apartados:

Exame final. Consistirá en dúas probas teórico-prácticas, correspondentes á materia de cada bloque: Cálculo e Estatística. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación media, entre os dous bloques, maior ou igual a 5, e non ter unha cualificación inferior a 4 en ningún deles. Os/Os alumnos/as que non cumpran algún destes requisitos terán unha cualificación de suspenso en primeira oportunidade (a cualificación numérica será o mínimo entre 4,5 e a media das cualificacións obtidas en cada bloque).

Avaliación do seguimento continuo da materia. Valorarase o interese e a participación activa do alumno/a, tanto nas clases expositivas como nas interactivas; a realización dos traballos e problemas expostos, así como a súa entrega en prazo.

O exame final ten un peso do 90% na cualificación da materia e a avaliación continua ten un peso do 10% na cualificación da materia.

Observación á avaliación do bloque de Cálculo: Para avaliar o seguimento do bloque de Cálculo, ao longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas. A primeira proba corresponderá á materia impartida do Tema 4, e a segunda á materia impartida dos Temas 5 e 6. Se as cualificacións obtidas nestas probas non son inferiores a 3, considérase a nota media entre ambas, cunha ponderación do 90%, á que se engadiría a avaliación do seguimento continuo da materia, cunha ponderación do 10%; se o resultado total é maior ou igual que 5, entón o/a alumno/a poderá optar por non realizar o exame final, nese caso dita cualificación obtida por avaliación continua e por exames parciais representará o 100% da nota final do bloque de Cálculo.

Observación á avaliación do bloque de Estatística: Para avaliar o seguimento do bloque de Estatística, ao longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas. A primeira proba corresponderá á materia impartida do Tema 1, e a segunda á materia impartida dos Temas 2 e 3. Se as cualificacións obtidas nestas probas non son inferiores a 3, considérase a nota media entre ambas, cunha ponderación do 90%, á que se engadiría a avaliación do seguimento continuo da materia, cunha ponderación do 10%; se o resultado total é maior ou igual que 5, entón o/a alumno/a poderá optar por non realizar o exame final, nese caso dita cualificación obtida por avaliación continua e por exames parciais representará o 100% da nota final do bloque de Estatística.

Segunda oportunidade (xullo):
A avaliación do alumnado en segunda oportunidade realizarase en base aos seguintes apartados:

- Exame final: Consistirá en dúas probas teórico-prácticas, correspondentes á materia de cada bloque: Cálculo e Estatística.

Aqueles/as alumnos/as que aproben un dos bloques en primeira oportunidade, poderán optar por non examinarse dese bloque, pois se garda a nota obtida na primeira oportunidade.

- Avaliación do seguimiento continuo da materia, igual á establecida para a primeira oportunidade.

O exame final ten un peso do 90% na cualificación da asignatura e a avaliación continua ten un peso do 10% na cualificación da asignatura.

Para superar a materia en segunda oportunidade será necesario obter unha cualificación media, entre os dous bloques, maior ou igual a 5, e non ter unha cualificación inferior a 4 en ningún deles. Os/Os alumnos/as que non cumpran algún destes requisitos terán unha cualificación de suspenso en segunda oportunidade (a cualificación numérica será o mínimo entre 4,5 e a media das cualificacións obtidas en cada bloque).

Observación: Os/As alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (o que deberán comunicar a algún/a de os/as profesores/as da materia), serán avaliados, tanto en primeira como en segunda oportunidade, só pola cualificación obtida no exame final. Como o resto do alumnado, para superar a materia, terán que ter unha nota media entre os dous bloques do exame, maior ou igual a 5, e non ter unha cualificación inferior a 4 en ningún deles.


(*) Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións" da USC e nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster universitario" da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes