Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B1 B2 B7
Valorarase a asistencia e a participación na aula
10
Obradoiro A19 B3 B4 C3 C4 C5 C6 C8 Avaliarase o resultado de traballo de taller tanto o individual como o colectivo das distintas prácticas entregadas.
É necesario ter este traballo aprobado para superar a materia.
90
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela. 

Para aprobar  o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes