Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba práctica Proba cara a cara consistente na resolución dun proxecto paisaxístico a nivel de anteproxecto cunha duración aproximada de 3 horas
Traballos tutelados O traballo práctico do desenvolvemento do curso resumirase nun documento que se presentará ao final. É un proxecto de deseño e execución dun xardín cuxas características específicas serán detalladas no primeiro día de clase.
Eventos científicos e/ou divulgativos Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).

Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.
Obradoiro O obradoiro consistirá nas sesións de discusión, debate, exposición e crítica que terán lugar na aula. Incluirá sesións teóricas nas que se explicarán os principais conceptos dos contidos do curso, prácticas curtas para resolver e entregar en clase e correccións individuais e de grupo dos traballos supervisados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes