Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A45 A42 A39 A38 A37 A36 A35 A34 A33 A29 A26 A25 A24 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a aplicación dos principios explicados ao longo do curso. A coherencia compositiva, os criterios de elección da especie, a relación entre os elementos da planta e o resto dos elementos da composición, a formación dunha estrutura e a creación de significado. Tamén se prestará atención especial á representación e á lexibilidade da proposta. 20
Traballos tutelados A45 A42 A39 A38 A37 A36 A35 A34 A33 A29 A26 A25 A24 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a capacidade de realizar un proxecto paisaxístico a pequena escala e un alto nivel de detalle. Os alumnos deben ser capaces de completar un documento lexible, utilizando notacións e estándares de representación da materia. O proxecto debe ter obxectivos e discursos narrativos iniciais que correspondan á súa definición final, tamén debe posuír unha coherencia compositiva, lóxica funcional e viabilidade desde un punto de vista construtivo e biolóxico. 60
Obradoiro A45 A42 A39 A38 A37 A36 A35 A34 A33 A29 A26 A25 A24 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a participación nos obradoiros, a evolución e demostración na adquisición de coñecementos sobre teoría da paisaxe e habilidades como a expresión de ideas, a articulación dun discurso coherente e o enfrontamento de puntos de vista. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a
clase é obrigatoria, hai un mínimo de 80% de asistencia para superar a materia.

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela. 

Para aprobar  o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes