Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A19 A24 A25 A26 A29 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A42 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a aplicación dos principios explicados ao longo do curso. A coherencia compositiva, os criterios de elección da especie, a relación entre os elementos da planta e o resto dos elementos da composición, a formación dunha estrutura e a creación de significado. Tamén se prestará atención especial á representación e á lexibilidade da proposta. 10
Traballos tutelados A19 A24 A25 A26 A29 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A42 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a capacidade de realizar un proxecto paisaxístico a pequena escala e un alto nivel de detalle. Os alumnos deben ser capaces de completar un documento lexible, utilizando notacións e estándares de representación da materia. O proxecto debe ter obxectivos e discursos narrativos iniciais que correspondan á súa definición final, tamén debe posuír unha coherencia compositiva, lóxica funcional e viabilidade desde un punto de vista construtivo e biolóxico. 60
Obradoiro A19 A24 A25 A26 A29 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A42 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a participación nos obradoiros, a evolución e demostración na adquisición de coñecementos sobre teoría da paisaxe e habilidades como a expresión de ideas, a articulación dun discurso coherente e o enfrontamento de puntos de vista. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos C5 C6 Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).

Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.
10
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria, hai un mínimo de 80% de asistencia para superar a materia.

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela.

Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Paraos estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo a"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo de estudantes de graona UDC", a asistencia mínima a clase será do 60%, tanto nas sesiónsinteractivas como nas sesións expositivas. O resto dos elementos de avaliaciónserán os mesmos que no caso xeral.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, quedando así invalidada calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. a convocatoria extraordinaria.

Exención académica: non se contempla, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental

Para a segunda oportunidade rexerá o mismo criterio

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes