Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Paisaxe Cultural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Paisaxe Cultural Código 630G03023
Titulación
Grao en Paisaxe
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Caridad Graña, Juan Antonio
Correo electrónico
juan.caridad@udc.es
Profesorado
Caridad Graña, Juan Antonio
Trillo Santamaría, Juan M.
Correo electrónico
juan.caridad@udc.es
Web http://paisaje.udc.es
Descrición xeral Nesta materia preséntase a Paisaxe Cultural como unha realidade arquitectónica e xeográfica complexa, integrada por compoñentes naturais e culturais, tanxibles e intanxibles, cuxa combinación configura o seu carácter, e que debe abordarse desde diferentes perspectivas. É importante analizar a problemática que se xera na protección e a conservación das paisaxes culturais, o abandono, a introdución de novos usos e as relacións entre turismo e patrimonio, xeografía e arquitectura. O alumnado debe coñecer os mecanismos de estudo e avaliación destes procesos e analizar as estratexias que permitan minimizar os impactos negativos e maximizar os efectos positivos, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da sociedade. Ao mesmo tempo, o proxecto interdisciplinar constitúe a ferramenta de intervención sobre as paisaxes culturais a distintas escalas. É necesario coñecer as figuras de plan urbano e territorial e as súas implicacións respecto ao patrimonio, así como ter a capacidade de valorar críticamente as súas posibilidades de acción. Por tanto, a materia posúe un dobre obxectivo principal: analizar reflexivamente os valores arquitectónicos e xeográficos da paisaxe e coñecer polo miudo as ferramentas que a ordenación territorial poida facilitar en relación a eses valores.
Plan de continxencia Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola Pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, exponse o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade. Utilizarase o conxunto de ferramentas TICs, posto a disposición pola Universidade, en especial a pataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación cos alumnos. 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos.No se realizan cambios en los contenidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías - Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial, total ou parcialmente. -Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Os mecanismos de atención personalizada ao alumno desenvolvesen nas plataformas sinaladas con anterioridade, postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o correo electrónico institucional. Temporalización a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó inicio do curso. 4. Modificacións na avaliación Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidade, en concreto o exposto do 80% de asistencia ás clases presenciais. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é necesario para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes