Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proyecto del Paisaje 5
   Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Salida de campo B5 C3 C4 Valoraranse as notas que mostren a capacidade de observación da realidade e o seu traslado a planos e textos. 10
Sesión magistral B1 B2 B6 B7 B11 B12 B13 Valorarase a asistencia e a participación na aula 10
Actividades iniciales C1 C2 C5 C7 Valórase a capacidade de observación, lectura e atención. 10
Taller A21 A23 A25 A27 A30 A31 A35 A45 A46 B3 B4 C6 C8 Avaliarase o resultado de traballo de taller tanto o individual como o colectivo das distintas prácticas entregadas. É necesario ter este traballo aprobado para superar a materia. 70
 
Observaciones evaluación

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago

de Compostela.

Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media.

Medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”. O alumnado nesta circunstancia:

_Con respeto as clases de teoría terá a dispensa de asistencia a ditas clases. Deberá acudir polo menos  a un 20% das tutorías establecidas no horario dos docentes de teoría da materia para resolver as cuestions pertinentes de seguimento.

_Con respeto as clases de práctica, estos estudantes deberán asistir a un mínimo do 80% das aulas, incluindose nesta porcentaxe os días da sesión de presentación conxunta dos traballos. Ase mesmo, os docentes de prácticas disporan un 20% das suas tutorías, a requerimento dos estudantes, para o reforzo necesario dos traballos a presentar. 

Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda

oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán

presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e

obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.

O desenvolvemento de toda a práctica deberase realizar con debuxos realizados a man e de forma

individual ou en grupo.

-Valorarase a asistencia ao taller, as entregas das prácticas e a participación en clase do alumn@  

-Ademais das entregas parciais o alumno deberá ter un pequeno caderno de notas de campo onde

envorcará todas as súas reflexións, probas bosquexos, etc. (Pode ser tamaño A5 ou a elección)

-Tamaño recomendado A1 ou A2 Escala 1:2.000

*O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para aprobar esta materia cumplirá as mesmas condicions que o resto do alumnado matriculado nela.

*IMPLICACIÓNS DO PLAXIO na realización das probas ou actividades de avaliación: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes