Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Paisaxe Rural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A26 B7 B10 B13 Estudo e análise de actuacións contemporáneas de natureza urbanística a distintas escalas, arredor das temáticas abordadas durante o curso. 15
Discusión dirixida A17 A18 A23 A33 A34 B2 B3 B4 B10 C1 C2 C5 C6 Debates encamiñados a fomentar no alumnado criterios de razoamento urbanístico 15
Sesión maxistral A3 A4 A9 A12 A21 A24 A26 A27 A28 A31 A38 A39 A55 B8 B13 Clases teóricas para ampliar coñecementos e fomentar a participación e o avance nas actividades prácticas
Valorarase a asistencia e a participación na aula
20
Obradoiro A25 A29 A31 A33 A55 A69 A70 B4 B7 C1 C2 C5 C7 Actividades prácticas a desenvolver polos alumnos durante o curso, que se han de materializar en estudos e propostas de diferentes actuacións urbanísticas.
É necesario ter esta parte da materia aprobada para superar a materia.
50
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago

de Compostela.

Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media.

Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na ETSAC, aos que só poderán presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas. No caso de haber exame a porcentaxe de puntuación será do 40%, o 60% se corresponderá coa avaliacón continua. Será necesario ter aprobado o exame para superar a materia.

Medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”. O alumnado nesta circunstancia:

_Con respeto as clases de teoría terá a dispensa de asistencia a ditas clases do 50%. Deberá acudir polo menos  a un 10% das tutorías establecidas no horario dos docentes de teoría da materia para resolver as cuestions pertinentes de seguimento.

_Con respeto as clases de práctica, estos estudantes deberán asistir a un mínimo do 80% das aulas, incluindose nesta porcentaxe os días da sesión de presentación conxunta dos traballos. Ase mesmo, os docentes de prácticas disporán un 20% das suas tutorías, a requerimento dos estudantes, para o reforzo necesario dos traballos a presentar. 

En ambolos dous casos axustaránse ditas medidas segundo os casos concretos, adecuándoas as circunstancias.

*IMPLICACIÓNS DO PLAXIO na realización das probas ou actividades de avaliación: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes