Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Instalacións de Propulsión
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Simulación Prácticas nos Simuladores de Conducción de Cámara de Máquinas do centro (presencial):
- ERS - Engine Room Simulator
- SER-LNG - Steam Engine Room - LNG Carrier

Prácticas nos Simuladores de Cámara de Máquinas de software libre nunha PC (dispensa de asistencia):
- VER - Virtual Engine Room
- SER-OT - Steam Engine Room - Oil Tanker
- MSER - Medium Speed Engine Room
Proba obxectiva - Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia relativos a plantas de propulsión mariña, considerando as habilidades e destrezas do alumno e as súas estratexias e plantexamentos na resolución de problemas.
- Valorarase expresamente o grado de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, enxuiciar e resolver problemas a partir da formación teórico-práctica obtida nas sesións maxistrais e no traballo individual do alumno.
Traballos tutelados Traballos escritos con formato de cuestionario para cada unha das pantallas de explotación dos simuladores e que corresponden a cada un dos servizos e instalacións do buque simulado:
- O alumno poderá respostar as preguntas coa formación obtida a partir da lectura da documentación e da súa experiencia na utilización do simulador correspondente.
- O profesor prestará a tutorización e axuda necesaria para a resposta correcta que permita ó alumno adquirir as competencias profesionais e transversais.
- A valoración das respostas do alumno permitirá avaliar a evolución do mesmo e da súa adquisición de competencias.
Proba práctica Exame Práctico nos Simuladores de Conducción de Cámara de Máquinas do centro (presencial):
- ERS - Engine Room Simulator
- SER-LNG - Steam Engine Room - LNG Carrier

Exame Práctico nos Simuladores de Cámara de Máquinas de software libre nunha PC (dispensa de asistencia):
- VER - Virtual Engine Room
- SER-OT - Steam Engine Room - Oil Tanker
- MSER - Medium Speed Engine Room

Exame Práctico noutros Simuladores de Cámara de Máquinas para subir calificación
- MC-90 - Low Speed Engine
- GTS - Gas Turbine Simulator
Sesión maxistral - Realizarase unha explicación detallada dos contidos da materia distribuidos en temas en cada bloque da mesma:
. Instalacións de Propulsión Mariña (IP)
. Engine Room Simulator (ERS)
. Steam Engine Room (SER)
- O alumno contará en todo momento con material bibliográfico e audovisual do tema a tratar na sesión maxistral.
- Fomentarase a participación do alumno a través de comentarios que relacionen os contidos teóricos coas experiencias da vida real.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes