Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Control Avanzado de Sistemas Marinos
   Contidos
Temas Subtemas
Dinámica de sistemas, identificación de sistemas e modelización de sistemas complexos para a explotación eficiente de plantas e procesos da contorna mariña: Plantas propulsoras, Plantas de manipulación, e tratamento e conservación de cargas líquidas a granel e Plantas de Posicionamento dinámico de vehículos e artefactos mariños. - Introdución ás arquitecturas de control de procesos de plantas mariñas.
- Estruturas e algoritmos de control convencionais.
- Sistemas de control aplicados a instalacións mariñas incluíndo: Plantas propulsoras, Plantas de manipulación, e tratamento e conservación de cargas líquidas a granel e Plantas de Posicionamento dinámico de vehículos e artefactos mariños.
- Funcións e mecanismos de control automático da maquinaria auxiliar (sistemas de xeración eléctrica, caldeiras de vapor, sistemas de refrixeración, sistemas de bombeo, sistemas de depuración de aceite,....).
- Características de proxecto e configuracións de sistema do equipo de control automático e os dispositivos de seguridade para motor principal, xerador e sistema de distribución e caldeira de vapor.
- Características de proxecto e configuracións de sistema do equipo de control do funcionamento dos motores eléctricos.
- Características do equipo de control hidráulico e pneumático.
Deseño e implementación de algoritmos de Control Avanzado. - Introdución ás arquitecturas avanzadas de control de procesos de plantas mariñas.
- Estruturas e algoritmos de control avanzados.
- Técnicas de control avanzado con sistemas expertos e técnicas de intelixencia artificial.
- Sistemas de control avanzados aplicados a instalacións mariñas.
Deseño e implementación do interface HMI. - Introdución aos sistemas de Supervisión, Control e Adquisición de Datos (SCADA)
- Arquitectura dun sistema SCADA.
- Funcións dun sistema SCADA.
- Arquitecturas de control distribuído.
- Aplicación dos sistemas SCADA a instalacións mariñas.
- Localización e corrección de fallos do equipo de control eléctrico e electrónico.
- Proba de funcionamento do equipo de control eléctrico e electrónico e dos dispositivos de seguridade.
- Localización e corrección de fallos dos sistemas de vixilancia
- Control da versión do soporte lóxico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes