Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Control Avanzado de Sistemas Mariños
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 A proba mixta escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas para esta materia. A proba mixta realizarase nas convocatorias oficiais da 1ª Oprotunidade e da 2ª Oportunidade. 60
Presentación oral A7 A9 A19 A23 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B13 B14 B15 B16 C2 C9 Exposición audiovisual dun tema proposto utilizando de maneira preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros adecuado á tarefa. 15
Prácticas de laboratorio A2 A7 A9 A19 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 Realización de prácticas de laboratorio sobre os equipos dispoñibles no laboratorio e mediante simulación, resolvendo distintos supostos prácticos que se propoñan durante o curso. 25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas de
laboratorio, Presentación oral e Proba mixta. No caso de que non se
realizaron as actividades de avaliación continua (Presentación Oral e
Prácticas de laboratorio), a nota final será a nota ponderada da proba
mixta. As notas das actividades de avaliación continua só serán válidas
ata a convocatoria adiantada (Decembro) do curso académico seguinte.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/2 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, tómanse en conta no deseño e realización da avaliación.

Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)" non
esíxeselle unha asistencia mínima ás clases e/ou actividades, sendo o
sistema de avaliación o anteriormente indicado e que contempla a
posibilidade de aprobar a materia no caso de non participar nas
actividades avaliables realizadas durante o curso.

Os
criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos cos da 1º
oportunidade.

Os criterios de avaliación da convocatoria avanzada (Decembro) son os
mesmos que os da 1ª oportunidade.


A realización mediante plaxio de actividades de avaliación continua,
implicará que a cualificación da actividade en cuestión sexa de 0
puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes