Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Optimización e Deseño de Sistemas Enerxéticos
   Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
ANÁLISE DE FUENTES DOCUMENTAIS. Realizarase unha atención personalizada sobre a selección das fontes bibliográficas e as publicacións especializadas.
ESTUDO DE CASOS. Escolleranse para a súa análise preferentemente casos dos que se teña documentación de explotación ineficiente, facendo un seguimento do desenvolvemento dos mesmos de forma individualizada.
SOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Os problemas propostos serán resoltos polo alumno, realizándose un seguimento permanente.
TRABALLOS TUTELADOS. Atención en despacho ou en aula para a resolución de traballos de análises e investigación.
Resolución das dificultades no traballo.
SESIÓN MAXISTRAL. Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia. Fomentarase a participación do alumno en clase, a través de comentarios que tratan de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.
ATENCIÓN PERSONALIZADA. Realizaranse en horarios de tutorias establecido a comezo do curso e expusto no taboleiro do despacho. Esta atención personalizada é indispensable para o desenvolvemento do traballo realizado polo alumno, eminentemente orientado á investigación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes