Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Deseño de Servizos Marítimos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 A17 A18 B3 B4 B6 C1 C7 C9 Proposta de diferentes exercicios de aplicación práctica co fin de promover a iniciativa e capacidade do alumno no desenvolvemento e aplicación de conceptos a casos prácticos. 35
Proba obxectiva B2 B10 B13 B15 C1 Avalíase o coñecemento adquirido polo alumno sobre o contido da materia. 65
 
Observacións avaliación

1. SITUACIÓNS:

A) Estudantes a tempo completo:

Asistencia / participación en actividades mínimas de clase do 80%:

    a) Preparación e presentación de dous traballos en pequeno grupo (70%).

    b) Un exame escrito sobre o contido da materia (30%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a
"NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO
NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012):


Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 60%:

    a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo
(70%).

    b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).



2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

1.      Asistir
e participar regularmente nas actividades da clase.

2.      Obter
unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados e proba mixta).

3.      Entregar
e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, que será previa á do
exame oficial. Para presentarse ao exame é obrigatorio ter presentados e
aprobados os traballos.

4.      A
convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que
a convocatoria de xuño.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes