Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Formación de Contaminantes e Impacto Ambiental
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba obxectiva
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS. Realizarase unha atención personalizada sobre a selección das fontes bibliográficas e as publicacións especializadas.

ESTUDO DE CASOS. Escolleranse para a súa análise preferentemente casos dos que se teña documentación de explotación ineficiente, facendo un seguimento do desenvolvemento dos mesmos de forma individualizada.

PROBA OBXECTIVA. Realizaranse probas escritas que constarán de cuestións teóricas e prácticas.

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Os problemas propostos serán resoltos polo alumno, realizándose un seguimento permanente.

TRABALLOS TUTELADOS. Atención en despacho ou en aula para a resolución de traballos de análises e investigación.
Resolución das dificultades no traballo.

SESIÓN MAXISTRAL. Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia. O alumno contará con material bibliográfico do tema para tratar en cada sesión maxistral. Fomentarase a participación do alumno en clase, a través de comentarios que tratan de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.

ATENCIÓN PERSONALIZADA. Realizaranse en horarios de tutorias establecido a comezo do curso e expusto no taboleiro do despacho. É ta atención personalizada é indispensable por sel o traballo realizado polo alumno eminentemente orientado á investigación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes