Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Deseño de Intercambiadores de Calor
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 A6 A8 A9 A10 A14 A19 B1 B2 B7 B11 B14 Aasistencia ás sesións presenciais computará dentro da nota final. 10
Solución de problemas A14 A19 A24 B1 B13 B14 C7 C9 Resolución de problemas, se é posible, con software 10
Proba obxectiva A20 B2 B3 B4 B10 B14 B15 B16 C1 C9 Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos
básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas.
Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, axuizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teóricopráctica
equilibrada.
Cada proba parcial (como mínimo dous parciais) achegará un 35% e a proba obxectiva global (nota media
de ambas) reportará un 70% do total da avaliación da materia
70
Traballos tutelados A16 A17 A18 A20 A24 B5 B6 B7 B11 B12 C3 C5 C6 C7 Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade. 10
 
Observacións avaliación

Formularase un exame final para aqueles alumnos que non participen da avaliación continua da materia ao longo do curso (o seu cumprimento requirirá un mínimo de 80% de asistencias e ter entregado un 85% dos traballos propostos ao grupo ou individualmente).Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos. O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta de dúas partes:a) teórica (50%); b) práctica (50%); con valoración independente, nas que será necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha para os efectos de media.

Os criterios de avaliación contemplados no cuadroA-III/2 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, tendranse en conta a hora de deseñar e realizar a evaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

- Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: 40%

- Cualificación:

a) Elaboración traballos: ata o 80%

c) Solución de problemas: ata o 80%

b) Exame escrito sobre os contidos da materia:ata o 100 %

d) Outras metodoloxías que se consideren: ata o 100%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes